XVIII Feira da Ciencia e Tecnoloxía
IES Porta da Auga
2012

Título: Por que as lámpadas deixan de funcionar cando rompe o vidro?

Autoría: Clara Alonso Jiménez
Grupo: 1º Bac
Data entrega: 20120521
1.Introdución e Hipóteses.
A idea do meu traballo xurdiu logo de oír unha conversa na que dous rapaces estaban estudando para un exame de electricidade, e un plantexáballe ao outro a dúbida de porque unha lámpada se funde cando rompe o vidro, aínda que o filamento non resulte danado en absoluto.
Eles consultaron os apuntes da asignatura e chegaron á conclusión de que se fundía porque no seu interior había uns gases que se liberaban cando rompía o vidro, e como consecuencia, o filamento de wolframio, ao pórse incandescente e entrar en contacto coa atmosfera, ardía.
Eu profundicei algo máis no tema para descubrir cales eran eses gases, e souben que nas lámpadas convencionales, normalmente, era Argón. No canto, nas lámpadas de baixo consumo, eses gases adoitan ser Argón, Mercurio, Cerio, Europio, Lantano, Terbio e Iprio.
2.Pequeno resume.

1 Aquí débese poñer un máximo de tres liñas como resume do traballo, para dar unha idea xeral do mesmo. Pode corresponder co resume posto na cartelería da feira.

O meu traballo consiste en facer entender porqué cando rompe o vidro dunha lámpada, aínda que o filamento non resulte danado, esta deixa de funcionar.

2 También, un pequeño resumen de tres líneas como máximo en castellano.

Mi trabajo consiste en hacer entender porqué cuando se rompe el cristal de una bombilla, aunque el filamento no resulte dañado, ésta deja de funcionar.

3 Also, a little summary (max. 3 rows) in English and/or French. [Aussi, un petit resumé d'un maximum de trois lines en Anglais et/ou Français].

My science-work’s about a strange electricity phenomenon: When the bulb’s glass is broken, the bulb doesn’t lights. Why?
Avec mon project je veux expliquer pourquoi quand le verre d’une ampoule se brise, il ne functione pas.
3.Obxectivos.

4 O meu obxectivo con este traballo era resolver a miña dúbida acerca deste fenómeno.

4.Base teórica.
O motivo polo que as lámpadas deixan de funcionar cando rompe o vidro é que estas teñen no seu interior uns gases non combustíbeis, mais cando o vidro rompe e o filamento incandescente entra en contacto cos gases da atmosfera, quéimase o filamento e deixa de funcionar.
5.Traballo.
O funcionamento das lámpadas consiste na incandescencia dun filamento de wolframio ou .
Actualmente, as lámpadas máis empregadas son as de baixo consumo, mais tamén se continúan a empregar as convencionais. O funcionamento de ámbalas lámpadas non é o mesmo:
- As lámpadas de baixo consumo emiten luz porque o filamento quenta os gases que hai no interior da lámpada. Estes emiten luz de varias cores, aínda ao velos mesturados, a percibamos como branca.
- As lámpadas convencionais emiten luz pola incandescencia do filamento directamente.
Cando se rompe o vidro das lámpadas, estas deixan de funcionar porque os gases do seu interior (argón no caso das convencionais e argón, mercurio, cerio, europio, lantano, terbio e itrio no caso das de baixo consumo) libéranse e, polo tanto, ao pórse incandescente o filamento e entrar en contacto cos gases da atmosfera, prodúcese a combustión.
bombilla-rota-3.jpg
bombilla-rota-3.jpg

6.Distribución.
Setembro: Decisión de que ía haber feira
Outubro: Xurde a idea do traballo.
Outubro (2ª quincena): obteño a información do mesmo.
Febreiro: Doulle forma a esa información (redacción, procura de fotos…) e comezo a elaborar o cartel.
Marzo: Finalización e entrega o día 1 de marzo.
7.Materiais e Orzamento.
2 cartolinas material funxíbel
Tinta de impresora material funxíbel
8 folios material funxíbel
8.Descrición.
O meu traballo intenta explicar por que as lámpadas deixan de funcionar cando se rompe o vidro. Isto sucede porque ao producirse a rotura, os gases que hai no interior da lámpada escapan e ao pórse incandescente o filamento de wolframio ou tungsteno e entrar en contacto coa atmosfera, quéimase.
9.Material.
bombilla-rota-3.jpg
bombilla-rota-3.jpg

1174217755_0.jpg
1174217755_0.jpg

bombilla-de-bajo-consumo.jpg
bombilla-de-bajo-consumo.jpg

10.Conclusións.
O meu traballo resultoume útil para resolver esta dúbida, pois aínda que xa ma plantexara anteriormente, nunca cheguei a indagar sobre ela.
Se alguén quixera repetir o meu traballo, aconsellaríalle que introducise máis información sobre o funcionamento das lámpadas, as súas compoñentes, outros tipos, etc.
Como o meu traballo non foi presentado de maneira oral, coido que moita xente non reparou nel, aínda que seguramente moita xente tamén tiña a mesma dúbida.
11.As túas opinións sobre a túa vivencia.
Ao ser o meu primeiro ano na Feira da Cienia, carecía de experiencia cos proxectos. É por iso que o meu traballo non foi moi bo nin estivo á altura da de moitas das miñas compañeiras/os.
12.Outros.
Este traballo ten licenza Creative Commons Compartir Igual 3.0, que significa básicamente de libre reproducción e de variación, especificando cal é a parte orixinal e citando o autor ou autores (pódese consultar en internet un texto indicando todos os dados da licenza).